A concellaría de Servizos informou dos traballos no Parque Fluvial do río Xunqueira levados a cabo durante esta semana.

Comparte esta nota de prensa

O concelleiro, José Juan Vilar, explicou que se trata das accións que se veñen realizando periódicamente e que consisten na limpeza selectiva das marxes do río, coa finalidade de preservar a calidade e o equilibrio ecolóxico da contorna. As labores incluíron a poda de árbores, a tala daquelas en mal estado ou con risco de caída, a roza da maleza nos bordos da pasarela e a retirada de restos vexetais. Vilar informou tamén que os traballos proseguirán nos próximos días para evitar posibles dificultades na escorrentía da auga.

Aquí poden verse algunhas imaxes das tarefas recentemente realizadas:

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,