Este programa ten como obxectivo traer a nenos e nenas saharauís desde Tinduf (Alxeria) durante os meses de xullo e agosto, evitando as altas temperaturas do deserto, para brindarlles oportunidades de lecer, formación e mellorar o seu benestar xeral.
No marco desta colaboración, a concellaría de Benestar e Igualdade realizará unha achega económica para que os nenos e nenas saharauís poidan pasar dous meses de verán en Ares, brindándolles oportunidades de mellorar as súas condicións básicas e permitíndolles coñecer diferentes formas de vida máis aló do contexto no que viven no seu lugar de orixe.
A concelleira, Victoria Montenegro, destacou a importancia deste programa de acollida xa que permítelles aos nenos e nenas acceder a cuestións tan fundamentais como a atención médica e alimentos, así como escapar das extremas temperaturas do deserto durante o verán.
As unidades familiares interesadas en participar no programa de acollida poden dirixirse aos Servizos Sociais mnicipais para xestionar o trámite ou solicitar máis información. A data límite establecida é o 15 de maio.