“A Casa Nova” gaña o 1º premio e “Tarrafa” e “Callejón” obteñen o 2º e 3º postos do DegustAres 2022

Comparte esta nota de prensa

101 participantes completaron adecuadamente a ruta e outorgaron as máximas puntuación aos tres locais, que recibirán vales para investir no comercio de Ares de 500 euros no caso do primeiro premio, e 400 e 300 nos seguintes. 

A Alianza Aresana acolleu o venres pasado o peche oficial do DegustAres 2022, o concurso de tapas que promoveu a Concellaría de Comercio durante o mes de maio para incentivar o consumo local e dinamizar o tecido hostaleiro. Durante o acto, e tras efectuar o reconto de votos emitido pola veciñanza a través das follas de valoracións, desveláronse os tres finalistas: A Casa Nova obtén o primeiro premio coa súa “Tosta de Polbo (812 puntos), seguido pola “Tentación de Burgos” con sorpresa agridulce do Tarrafa (702 puntos) e o “Lauburu” do Bar-Tapas Callejón (677 puntos).

A concelleira Alma Barrón, en representación de Lucía Blanco, edil de Comercio, entregou os premios e as certificacións dos postos aos locais, distribuíndo así un total de 1.200 euros entre o primeiro premio –500 euros–, o segundo e o terceiro –400 e 300 respectivamente–.

Mais no acto do venres, tamén se realizou o sorteo de 5 vales, valorados en 100 euros cada un, entre os 101 participantes que cubriron debidamente a folla de valoracións do DegustAres.

Todos estes premios deberán investirse nos comercios aresáns inscritos no seu momento na campaña de consumo MercAres, conectando así as dúas actividades da Concellaría de Comercio e promovendo que o diñeiro fique no mesmo municipio.

O concurso de tapas remata con bo sabor de boca

Lucía Blanco aproveitou o peche desta primeira edición para facer un balance xeral do vivido. En palabras da concelleira, o DegustAres demostrou “a demanda que pode haber en Ares de eventos así”, coa xente “respondendo moi positivamente” á iniciativa e “apoiando a un sector que tamén se viu moi afectado polas consecuencias da pandemia”.

Ademais, Lucía Blanco agradeceu a implicación dos 10 locais de hostaleira que se sumaron ó DegustAres, amais de mirar cara o futuro: “Valoramos traballar nunha segunda edición mellorando todo o proceso do concurso e implementaremos cambios en función dos comentarios recibidos tanto polos locais como pola veciñanza”.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña