A Casa da Xuventude acolle unha mostra pictórica titulada “Paisaxes e Mariñas”, do artista José Antonio Porro.

Comparte esta nota de prensa

A exposición estará aberta ao público desde hoxe, 4 de agosto, ata o 15 de agosto.

A riqueza das paisaxes cobrará vida nesta exhibición artística, que terá lugar nas instalacións da Casa da Xuventude durante parte deste mes de agosto. Por medio do talento de José Antonio Porro, poderemos adentrarnos na súa visión do litoral de distintos lugares, incluíndo o municipio de Ares, resaltando a importancia do mar e os elementos que conforman a súa característica paisaxe.

Ademais da súa faceta como pintor, José Antonio Porro é docente na escola de pintura Mukina, onde imparte talleres sobre paisaxes para adultos e técnicas pictóricas para nenos e nenas en localidades como Ares, Pontevedra e A Coruña.

A mostra estará dispoñible para a súa visita de luns a venres, de 9:00 a 14:00

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña