A biblioteca de Ares énchese de manualidades polo Nadal

Comparte esta nota de prensa

Estrelas brillantes, árbores de papel, felicitacións sinceras… e outros tantos motivos decorativos protagonizaron as postais de Nadal e os centros de mesa que fixo a rapazada aresá na biblioteca municipal da vila.

Dende mediados deste mes, o equipo bibliotecario dinamizador encargouse de axudar aos pequenos e pequenas a facer estas decoracións tematizadas, no marco da oferta de obradoiros que organizou a Concellaría de Cultura dentro da súa programación de Nadal.

Mais a actividade non para e xa nos vindeiros días continuarán cos obradoiros, aínda que terán un toque moito máis doce: será a quenda, tanto hoxe como mañá, de probar coa pastelería creativa!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.