A Asociación Española contra o Cancro de Ares presenta á súa xunta local

Comparte esta nota de prensa

O evento celebrarase o próximo venres, 1 de abril, ás 19.30 horas no salón de actos da Alianza Aresana.

Incluirá unha charla para afondar nos servizos e programas de apoio da organización sen ánimo de lucro, centrada na loita do cancro na nosa sociedade.

A sede en Ares da Asociación Española contra o Cancro avanza na súa consolidación na contorna, desta volta coa presentación o próximo 1 de abril da xunta local que a compón. A Alianza Aresana acollerá, preto das 19.30 horas, un acto que serve como base para explicar o que ofrece a organización sen ánimo de lucro, contando coa presenza de representantes municipais e tamén cargos da asociación a nivel provincial.

A maiores da presentación oficial da xunta, os asistentes poderán coñecer de primeira man os servizos que se proporcionarán para combater as consecuencias do cancro. A traballadora social Paula Romero contextualizará os programas gratuítos da asociación, dispoñibles a partir de agora en Ares e en liña cos principais obxectivos da entidade.

A través das súas múltiples sedes, a organización pon o foco na diminución do impacto do cancro na sociedade partindo dun enfoque integral, que implique apoios en todas as fases da enfermidade e incluíndo accións de asesoramento e axuda para establecer hábitos que reduzan os seus riscos.

O Concello tamén cederá e habilitará un espazo dentro do edificio de Servizos Sociais para que a asociación aresá conte cun lugar onde poder centralizar a súa actividade.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña