A área de Urbanismo da localidade, informou de que nas pasadas semanas remataron os traballos de urbanización de dous viais municipais, en concreto, no lugar de Chanteiro

Comparte esta nota de prensa

As intervencións que veñen de ser rematadas recentemente, afectaron ao camiño Real a ao camiño do Cruceiro do mencionado lugar. En ambos viais executouse unha pavimentación en rego asfáltico, mellorando e unificando significativamente os seus trazados.

O investimento total das actuacións ascendeu a un importe de 47.531 euros. Ditas actuacións foron tramitadas polo Concello perante a Dirección Xeral de Desenvolmento Rural, logrando así o organismo municipal o financiamento dos traballos.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña