A área de Benestar e Igualdade arranca co servizo do “ConciliAres”

Comparte esta nota de prensa

Esta mesma mañá, o Concello iniciou a programación de conciliación laboral e familiar, inscrita dentro do “ConciliAres”, o principal servizo destinado para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, con 40 prazas por quincena, e co foco posto no coidado dos máis pequenos.

Ao longo das mañás de xullo e agosto, os nenos e nenas desfrutarán dun amplo programa de actividades lúdico-educativas, normalmente na pista cuberta do CPI As Mirandas e nas aulas das Escolas do Lago, e que irán dende as manualidades ós xogos simbólicos ou á animación da lectura. Potenciar a interacción entre os seus iguais, aprender xogando e desenvolver a imaxinación serán os eixos do ConciliAres.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña