A Alianza Aresana acolleu a presentación de Cinza, a novela gráfica de Manel Cráneo que adapta a obra de Xavier Alcalá

Comparte esta nota de prensa

O ilustrador Manel Cráneo e o escritor Xavier Alcalá achegáronse a Ares o venres pasado para debullar como foi o proceso de traballo detrás de Cinza (Demo Editorial, 2023), o cómic recentemente publicado que adapta ‘A nosa cinza’, a coñecida novela de Alcala xa considerada coma un dos best-sellers da literatura galega con máis de 80.000 exemplares vendidos.

O salón de actos da Alianza Aresana exerceu de epicentro da presentación, un diálogo entre as dúas figuras, debuxante e autor, centrado nesta novela gráfica en branco e negro, coidada na súa configuración estética, que percorre as vivencias de Xoán, un rapaz criado durante a dictadura franquista.

Fillo de médico, de familia galeguista e orfo de nai, Xoán transita da infancia á adolescencia entrando en contacto con temáticas universais: relaciónase coa morte dende pequeno, tamén coa opresión do rexime franquista, afonda no valor da amizade e achégase a unha violencia capaz de ensombrecer á vida mesma. Unha revisión dos anos 50 e 60 que agora ten unha identidade visual propia grazas ó traballo conxunto de Cráneo e Alcalá.

Xunto a eles tamén estivo Alma Barrón, concelleira de Cultura da localidade, na apertura e peche do acto literario.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña