A Alianza Aresana acollerá a presentación literaria de ‘Cartas a Michi, dende o confinamento… e despois’

Comparte esta nota de prensa

O próximo martes, 20 de agosto, Xoán Rubia chegará ó Salón de Actos da Alianza Aresana para falar dunha das súas últimas obras, ‘Cartas a Michi, dende o confinamento… e despois’, un conxunto de epístolas dirixidas á súa gata, pero tamén unha radiografía emocional dunha España atravesada pola pandemia.

Así, Rubia debullará o nacemento desta publicación acompañado de Ánxeles Seoane, filóloga e profesora de literatura, e Anna Agustí Farré, escritora e poeta, a partir das 20:00 horas neste acto literario que promove a Concellaría de Cultura.

O autor mugardés desprega nesta obra atravesada polo xénero epistolar unha análise crítica e irónica do sentido nese tempo convulso da covid-19. As cartas actúan agora como un documento íntimo que recompila o vivido pola cidadanía: a preocupación, as medidas restrictivas, a dor, as picarescas… Un cúmulo de situacións que Xoán Rubia narra á súa gatiña Michi, como unha sorte de alter ego que escoita, atende e comprende, aunque en ocasións dubide do raciocinio e cordura dos seres humanos.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña