A Alianza Aresana acolle este venres, 9 de febreiro, a charla divulgativa “Maiores e dor”

Comparte esta nota de prensa

As Concellarías de Deportes e Benestar organizarán a ponencia ás 19:00 horas, impartida polo especialista Camilo Prieto Rivas, para achegar á poboación da terceira idade unha nova percepción da dor e o seu tratamento.

A iniciativa é parte de “Academia AresXSalud”, un total de 6 charlas sobre a nosa saúde que se desenvolven entre xaneiro e maio.

A dor é necesaria, pero o sufrimento é opcional. Esta frase universal anticipa a intención da charla divulgativa que promoven as áreas de Deportes e Benestar do Concello de Ares este venres, 9 de febreiro, ás 19:00 horas nas instalacións da Alianza Aresana.

Será unha boa oportunidade para afondar na diferenza entre dor, sufrimento, lesións e enfermidades e aprender, a través de exemplos prácticos, como abordar todos estes conceptos da mellor maneira, mesmo aplicando un enfoque biopsicosocial.

A charla diríxese á poboación en xeral, mais se focaliza especialmente en persoas da terceira idade ou que traballen en ambientes sanitarios ou parasanitarios. Ademais, estará impartida por Camilo Prieto Rivas, licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, graduado en Fisioterapia e con múltiples especializacións en readaptacións funcionais deportivas.

A ponencia enmárcase dentro de Academia AresXSalud, unha iniciativa que achega coñecemento á veciñanza a través de 6 ponencias sobre a saúde das crianzas, dos maiores e o impacto positivo do deporte nas nosas vidas, fundamentada na colaboración entre Concello e a clínica maSSalud.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña