A Alianza Aresana acolle esta semana a presentación de ‘Ardentía 1854’, da escritora María D. López Menéndez

Comparte esta nota de prensa

A autora debullará as circunstancias arredor desta última novela publicada en Hércules de Ediciones o próximo venres, 13 de setembro, ás 20:00 horas no seu salón de actos. Estará acompañada da súa editora, Laura Rodríguez, e do xornalista e escritor Pablo J. Rañales.

Unha viaxe a 1854, ano da epidemia de cólera que acabou co 30 % da poboación de A Coruña, mais tamén unha reflexión sobre as decisións precipitadas e as consecuencias delas: esa é a proposta literaria que trae até Ares a xornalista María D. López Menéndez coa súa primeira novela, ‘Ardentía 1845’ (Hércules de Ediciones, 2024). Unha obra que se presenta o vindeiro venres, 13 de setembro, ás 20:00 horas na Alianza Aresana.

Acompañada pola súa editora, Laura Rodríguez, e o xornalista e escritor Pablo J. Rañales, a autora coruñesa afondará nesta historia cun misterio entre dúas épocas, con dúas historias de amor e, sobre todo, cunha crónica da epidemia que supuxo un dos maiores traumas para A Coruña cando se erixía como un dos máximos símbolos do liberalismo da época, xunto con Cádiz.

Ardentía 1854segue os pasos dunha moza de dezaoito anos, Dolores Seoane, e a súa insólita viaxe no tempo dende a urbe herculina de 1992 a mediados do século XIX. Uns libros antigos, custodiados nun templo, desatan un misterio: que ocultan e quen os depositou na Igrexa de San Nicolás? Atopará Dolores aos seus antepasados na Coruña de 1854, poderá escapar daquela época e regresar ao seu presente?

Unha novela, en esencia, para explorar un dos anos máis tenebrosos de Galicia aproveitando as características da ficción: con ela poderemos viaxar, ollar e entender o máis fondo do noso pasado.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña