A actuación da Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia na Igrexa de San Xosé de Ares foi espectacular!

Comparte esta nota de prensa

Desde o primeiro momento, o conxunto musical demostrou unha técnica e profesionalidade excepcionais, e logrou cativar ao público presente desde o primeiro acorde.

A variada selección de pezas, con obras de grandes mestres como Jenkins, Tchaikovsky, Warlock e Sibelius, tivo unha execución impresionante por parte dos músicos e músicas. Pero o máis destacable da actuación foi a paixón e a enerxía que transmitiron os novos artistas, logrando emocionar aos asistentes de todas as idades. En definitiva, a Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia ofreceu na tarde do sábado unha actuación de alto nivel e unha experiencia cultural inesquecible!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña