A 2ª Exposición Multidisciplinar de Fotografía recala en Ares dende mañá, venres, até finais de maio

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares e a Asociación de Fotografía de Ferrolterra promoven conxuntamente no andar superior da Casa da Xuventude unha nova mostra fotográfica dende mañá, 26 de abril ás 18:00 horas, coa súa inauguración oficial.

A exposición, composta por máis de medio centenar de instantáneas dos membros da Asociación, aglutina diferentes tipoloxías de prácticas fotográficas, enfatizando o seu  carácter multidisciplinar con fotografías de paisaxe e aves, nocturnas ou de arquitectura da comarca.

Dende mañá até finais do mes de maio, haberá a posibilidade de visitala de luns a venres pola mañá, de 9:30 a 14:30 h., mais tamén os mesmos venres de 16:00 a 20:00 h., os horarios propios da Casa da Xuventude municipal.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña