A Cova dous Mouros é unha cova escavada nun pequeno cantil situado na costa. Conta cunha altura aproximada na súa entrada de 1,8 metros que segundo avanza diminúe e o seu ancho aproximado é de 1 metro. Está situada no medio da natureza e a súa forma e localización dan lugar a numerosas lendas que se desenvolveron ao longo dos anos.