Por unha banda, “Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas dos séculos XVI-XVII”, na Agrupación Instrutiva de Caamouco, unha homenaxe aos navegantes galegos e aos inicios da navegación, cedida polo Consello da Cultura Galega. Precisamente á súa apertura acudiu Rebeca Blanco, vogal do Consello.
Pola outra, “Retratos de familia” de Delfín Vázquez, nun acto que contou coa presenza do seu neto, Miguel Arzúa. Miguel debullou a historia da exposición e das fotografías de Delfín Vázquez, todas elas de mulleres e nenos da época. Moitas, de feito, enviábanse ós migrantes aresáns.
Durante a inauguración dos Retratos de familia, Alma Barrón, concelleira de Cultura, presentou o seu desexo de que “as familias de Ares recoñezan aos seus familiares nas instantáneas. Que os identifiquen e ata rescaten as súas historias”.