Nela inclúense 20 paneis nos que se recolle a localización, descrición e funcionalidades destas construcións estratéxicas, historicamente indispensables para a protección do territorio marítimo, situadas nuns emprazamentos privilexiados, e que a día de hoxe constitúen uns miradoiros únicos desde os que contemplar a paisaxe do Golfo Ártabro e da costa septentrional da provincia da Coruña.
Ademais, o xoves 25 de agosto ás 20.00 horas contarase coa presenza de José María López Hermida, estudoso da historia militar, e José María Yáñez Rodríguez, xefe de Servizo de Arquitectura da Deputación da Coruña, especialista no patrimonio construído na provincia. Ambos son coautores do libro “A defensa da costa. Provincia da Coruña”, e ofrecerán unha conferencia sobre a importancia histórica e o valor patrimonial destes elementos defensivos.
Se desexas afondar na historia e singularidades destas estruturas estratéxicas para a protección das nosas costas, non perdas a ocasión de achegarte tanto á exposición como ao relatorio!