11 de agosto do 2022
NA PRAIA DO XUNCAL
- Establécese a posibilidade de participar de xeito individual ou en grupos de non máis de 3 persoas. Cando se opte pola modalidade en grupo, os membros do mesmo deben pertencer todos a mesma categoría de idade establecida (agás na familiar).
- As categorías son:
– Menores de 6 anos
– Entre 7 e 11 anos
– Entre 12 e 17 anos
– Familiar
A idade para participar nas diferentes categorías será a correspondente á que se trate na data do concurso. - O prazo de inscrición será dende o mércores 3 de agosto ao luns 8 de agosto (ambos incluídos), na Alianza Aresana en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tamén poderán inscribirse no número de teléfono 981448057.
- Haberá un único premio para cada unha das categorías, podendo o xurado establecer algún accésit se así o considerase no momento.
- O xurado estará composto por tres persoas asistentes e non participantes escollidas ao chou ese mesmo día.
- Nos diferentes espazos habilitados para a realización dos castelos de cada un dos participantes, non poderá atoparse ningunha persoa allea ó concurso, podendo o xurado declarar nula a obra por dito motivo.
- Todo imprevisto nese regulamente resolverase segundo a decisión da organización. O feito de participar, implica a aceptación destas normas.
- Lembramos a necesidade de uso de crema e gorra.
ORGANIZA: CONCELLARÍA DE CULTURA