Tes curiosidade por afondar na pegada da industria da salazón e os oficios da pesca? Este sábado, 23 de xullo, o Concello promove a segunda das catro rutas dentro de “Ares no Mar”, a que se corresponde co percorrido de Ares Urbano que atoparás nas fotografías de abaixo.
3-4 quilómetros para saber o que agocha o núcleo urbano da vila nun itinerario asequible e totalmente gratuíto! Podes inscribirte na Oficina de Información Turística municipal, ben presencialmente, ben telefonicamente no 981 468 259.
“Ares no Mar” conta co apoio económico do Fondo Europeo e Marítimo da Pesca, a través do GALP Golfo Ártabro NORTE.