Avanzan as obras de mellora no paseo anexo á praia do Xuncal

Comparte esta nota de prensa

Tras a retirada da madeira en mal estado que compoñía a senda e a rampla de entrada e saída ó areal urbano, a Concellaría de Urbanismo vén de informar dos avances que se están a realizar na obra de mellora da accesibilidade e posta en valor da contorna da praia do Xuncal, no núcleo de Ares.

Nas últimas xornadas, comezou a progresiva instalación da nova senda de madeira, renovando un punto de acceso clave no emprego diario do areal e potenciando, unha vez finalice, a súa condición de motor socioeconómico polo interese turístico e mariñeiro que ten asociado. En última instancia, a eliminación de barreiras e a renovación de infraestruturas desta tipoloxía configurarán unha praia do Xuncal máis accesible e segura para veciñanza e visitantes.

O importe destes traballos, que se realizan en consonancia con renovacións previas executadas na contorna do Parque Rosalía, ascenden a 49.421,60 euros, sufragados entre o GALP Ártabro Norte e o Concello.

 

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,