A vida mariñeira marcou historicamente o establecemento e crecemento do municipio, ademais da súa configuración identitaria e cultural. O desenvolvemento de fábricas de salgado e conservación; a relación da poboación co sector da pesca; o impacto económico, cultural e social da emigración e as viaxes transoceánicas en Ares… Todos estes elementos e recursos quedan recolleitos baixo o selo Ares Ultramarino, unha marca que revaloriza a historia e os produtos do mar máis próximos e que desexa consolidar produtos turísticos competitivos e comercializables para a localidade.
Aquí atopará os contidos que debullan a pegada do mar e a emigración do século pasado en Ares:
O principal obxectivo que persegue o proxecto Ares Ultramarino, é conxugar un servizo público para poñer en valor e dar a coñecer a historia, a cultura e a actividade pesqueira do concello de Ares, mellorando o seu tecido empresarial e emprendedor, fundamentado principalmente nun posicionamento diferencial. O seu público obxectivo será a propia poboación local, co obxecto de revalorizar a propia cultura e a confianza social no desenvolvemento endóxeno, e os visitantes do concello de Ares e o público xeral.
Por todo isto, dentro da programación deste proxecto están por un lado, as accións formativas que axudan a mellorar a comercialización dos produtos das nosas empresas e a que a xente mais nova das familias do mar poidan atopar un lugar en novas iniciativas empresariais ou poidan reorientar outras iniciativas xa postas en marcha. Por outro lado queremos converter a Ares na referencia para todas as persoas que se acheguen a Galicia e queiran saber da nosa historia relacionada coas migracións a América e toda a súa relación co mar.
Como continuación da primeira edición, na cal se concluíu a importancia que o turismo ten para valorizar e comercializar os nosos produtos, o Concello pon en marcha o programa ‘ARES ULTRAMARINO II’ proxecto que se desenvolve ao abeiro do Programa FEMP 2014-2020 da Consellería do Mar, tramitado no GALP Golfo Ártabro Norte na convocatoria 2021-2022.
OBXECTIVOS
O noso proxecto ten como obxectivo traballar dous aspectos básicos para o futuro das nosas xentes;
Para conseguir este fin queremos poñer en valor os nosos recursos e o noso patrimonio ligado ao mar co obxectivo de facelo atractivo para os visitantes de Ares e así conseguir comercializar o noso destino e fixar poboación a través de accións;
© 2021 TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
concello de Ares