A escritora Anna Agustí Farré presenta en Ares o seu libro Relatos que aún no me había atrevido a escribir

Comparte esta nota de prensa

A Alianza Aresana acollerá este xoves, 6 de agosto, ás 20:00 horas, a presentación do libro Relatos que aún no me había atrevido a escribir, da escritora Anna Agustí Farré, nun acto organizado polo Concello de Ares, a través da Concellaría de Cultura.

Durante o encontro, a autora falará sobre o proceso de creación da obra e compartirá co público as historias e reflexións que recolle neste libro, ofrecendo aos asistentes a oportunidade de coñecer de preto a súa traxectoria literaria.

A presentación terá lugar no salón de actos da Alianza Aresana, con entrada libre.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.