Principian as actividades do VeraneAres Deportivo 2026

Comparte esta nota de prensa

Coa chegada dos primeiros compases de xullo, tamén arranca a programación lúdico deportiva do Concello: unha oferta de actividades que permiten desfrutar, practicar deporte e tamén fomentar a conciliación laboral e familiar 🤝.

🚣‍♀️ Kaiak, xogos nas parroquias, actividades no pavillón polideportivo, pádel, tenis de mesa, padelsurf… son algunhas das propostas para gozar destes próximos meses, achegándose tanto ás crianzas máis pequenas como á rapazada adolescente, mais sempre procurando manter a conexión coa natureza e a contorna de proximidade coma un eixo fundamental de traballo.

 

 

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.