- A institución aresá impulsará do 18 de xuño até o 10 de setembro unha programación que inclúe xincanas culturais, ximnasio da risa, safari fotográfico… cada xoves en horario de mañá.
- As inscricións xa están abertas, cun prezo de 18 euros para a quincena e 35 euros para toda a mensualidade.
O Concello de Ares vén de presentar o programa ‘Verán Senior 2026’, un conxunto de actividades semanais para persoas maiores de 60 anos que desexen ter un período estival máis animado.
A iniciativa, impulsada a través da área de Benestar, producirase desde o 18 de xuño até o 10 de setembro, dinamizando así o verán con propostas como xincanas culturais, ximnasio da risa, safari fotográfico e outras actividades semellantes.
O programa desenvolverase todos os xoves entre as 11:30 e 13:00 h. e partirá dun prezo de 18 euros na quincena e 35 euros polo mes enteiro. As inscricións recóllense até completar a totalidade das prazas nos Servizos Sociais de Ares, ben presencialmente, ben no número de teléfono 981 448 354.
Anímate a vivir un verán distinto!

