Avisos

Por mor da realización dun evento deportivo de airsoft, a Policía Local de Ares vén de comunicar a posta en marcha dun plan de seguridade temporal durante a mañá do vindeiro domingo, 10 de maio.

Deste xeito, realizaranse cortes de acceso tanto a vehículos como peóns na contorna do Convento de Santa Catalina e tamén nas baterías da Bailadora, co foco posto en garantir condicións óptimas de seguridade para veciñanza e participantes durante o evento. Estes cortes temporais produciranse na franxa horaria de 8:00 a 15:00 horas.

Agradécese a comprensión e colaboración.