Ares concéntrase baixo o lema #NonEsquezadesGaza

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares súmase á convocatoria lanzada pola plataforma Parar la Guerra en todo o Estado español para saír á rúa e esixir o fin da escalada bélica que se está a vivir en Oriente Medio, violando o dereito e a legalidade internacionais, amais de reclamar unha paz xusta e duradeira en Palestina, que pasa irremediablemente polo remate do xenocidio en Gaza.

Deste xeito, convídase á veciñanza a concentrarse o vindeiro sábado, 14 de marzo, ás 12:00 h. diante do consistorio. Ares será unha das máis de 150 localidades de todo o país que tamén teñen previstas concentración para este 14M, secundando a convocatoria da plataforma.

Unha xornada estatal contra a guerra  para reivindicar que fronte ó odio e a ocupación, a cidadanía aposta pola xustiza e a paz.

Máis información en https://pararlaguerra.es/.

Pódeche interesar