Jastac Japi Jolidais: un monólogo de Leti da Taberna na Alianza Aresana

Comparte esta nota de prensa

Este mesmo venres, 26 de decembro, ás 20:30 h., a Concellaría de Cultura propón un espectáculo humorístico con Leti da Taberna para darlle unha pensada ás nosas vacacións e o tempo de lecer.

Leti interpretará un monólogo fiel ao seu estilo, con moita retranca e irreverencia, para ir de vacacións polo mundo sen moverse do asento do salón de actos da Alianza Aresana. Jastac Japi Jolidais convida ao público adulto a preparar a cámara selfie, abrir as redes sociais e preguntarmos se vivimos realmente como desexamos.

Proposta inscrita na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.