Humor e música co teatro infantil de ‘Vicki e a felicidade’

Comparte esta nota de prensa

Pequenos e maiores achegáronse o venres pasado até o salón de actos da Alianza Aresana para coñecer a historia de Vicki, un neno ao que lle encanta cantar e bailar nunha aldea pouco afeita á alegría e que decide embarcarse nunha viaxe na procura do segredo da felicidade, co obxectivo de devolvela aos seus veciños e veciñas.

A través do teatro, a música e o humor, o espectáculo ‘Vicki e a felicididade’ convidou a pensar sobre a empatía, a igualdade, os coidados e a necesidade de mellorar as nosas vidas de xeito colectivo, co esforzo de cada un de nós.

O evento impulsouse dende a Concellaría de Cultura de Ares no marco da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.