Ares convida á veciñanza a unha xornada de portas abertas en fútbol sala feminino

Comparte esta nota de prensa

  • Será no pavillón municipal o 30 de decembro a partir das 17:00 h.

 

O equipo Ares Futsal, fundado este pasado verán no municipio, e o Concello organizan conxuntamente unha xornada de portas abertas en fútbol sala feminino durante a tarde do martes, 30 de decembro. Poderase entrar en contacto coa pelota no pavillón polideportivo da localidade a partir das 17:00 h.

A proposta materialízase cun obxectivo claro: crear un equipo femenino que una á veciñanza arredor do fútbol sala, consolidando un espazo onde se poida aprender, divertirse a través do deporte e competir.

Para asistir á xornada de portas abertas, só é preciso confirmar a asistencia no teléfono 672 548 939.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.