Obradoiros Non remates coas mates!

Comparte este evento

Obradoiros divulgativos de cultura matemática para adultos


1. Unha viaxe ao infinito a través dos números

Adéntrate nos tipos de números e na súa evolución, coñece curiosidades sobre eles e aprende que é o infinito.
📅 22 de outubro ás 18:30 h


2. Matemáticas escondidas no arredor

Descobre a beleza da proporción áurea, aprende a recoñecela e explora a dimensión fractal de certas estruturas.
📅 19 de novembro ás 18:30 h


3. Influencers da historia das matemáticas

Sen redes sociais, houbo figuras matemáticas que cambiaron o rumbo do mundo. Será unha oportunidade para coñecer a figuras imprescindibles na historia da ciencia e das matemáticas.
📅 21 de xaneiro ás 18:30 h


📍 Lugar: Aula de Cultura da Rúa Zamborela
👩‍🏫 Impartidos por: Covadonga Rodríguez-Moldes, Cristina Montero e Begoña Gómez (docentes e licenciadas en Matemáticas)

💻 Reserva a túa praza telematicamente en: https://forms.gle/BTc862gC5QmgHdh3A

Pódeche interesar...

Eventos

OS MAIOS EN ARES 2026

1 de maio no parque Rosalía de Castro. Dende as doce do mediodía comezaremos facendo os MAIOS. Podedes participar, facelo voso, traer tuia, piñeiro… Deseguido,

Eventos

Festividade de San Xosé Obreiro 2026

Data: 1 de maio de 2026 Lugar: Ares (A Coruña) Programa de Actividades 11:00 h – Pasarrúas A cargo do Grupo de Gaitas Trouleada. 19:00