O Concello adianta a apertura do ximnasio e a sala de usos múltiples do pavillón polideportivo

Comparte esta nota de prensa

Para facilitar o emprego das instalacións do pavillón polideportivo municipal de Ares, suxeito na actualidade a un fondo proxecto de mellora da súa infraestrutura, a Concellaría de Deportes vén de anunciar  a inminente apertura do ximnasio e a sala de usos múltiples ubicadas no seu primeiro andar, adiantando así a súa posta en marcha.

Deste xeito, os dous espazos deportivos estarán dispoñibles para a veciñanza a partir da próxima semana, activando tamén as actividades dirixidas en sala que coordina o Concello no marco da súa programación lúdico-deportiva anual.

Con todo, as actividades que se realizan na pista polideportiva interior retomaranse coa finalización do conxunto da obra.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.