A Academia AresXSalud analiza o estilo de vida das persoas afectadas polo cancro

Comparte esta nota de prensa

O psicólogo e licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte José Barcia Tuccelli afondou o venres pasado, en contacto directo coa veciñanza para resolver as súas dúbidas e atender os seus comentarios, nas posibilidades de mellorar o estilo de vida dos pacientes con cancro.

A Alianza Aresana acolleu o seu relatorio inscrito na Academia AresXSalud, o ciclo de charlas divulgativas co foco posto en axudar aos veciños e veciñas aresáns a instaurar bos hábitos no seu día a día dende múltiples perspectivas. Un programa integral que promoven conxuntamente a Concellaría de Deportes e a Concellaría de Benestar.

No caso desta segunda ponencia dirixida por Tuccelli, debulláronse as diferentes opcións de exercicio físico adaptado e as circunstancias arredor da fatiga crónica, xunto con algunhas fórmulas para xestionala.

Un coñecemento que chega, charla tras charla, da man dos expertos para impulsar a calidade de vida da nosa rutina!

 

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,