O Concello finaliza coas obras de renovación de servizos nas rúas Caramanchón, dos Mártires e San Xoán, na contorna do Porto

Comparte esta nota de prensa

Renovouse a infraestrutura de saneamento de augas fecais e pluviais, xunto coa eléctrica e de telecomunicacións, amais da iluminación e os pavimentos, agora en formigón coloreado.

O proxecto impulsouse cun orzamento de 207.792,92 euros, asumidos entre o Concello (90.125,94 euros) e o POS+2023 (117.666,98 euros) da Deputación da Coruña.

A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, e o edil de Obras, José Juan Vilar, supervisaron esta mañá o resultado da intervención que vén de finalizar na contorna do Porto, especificamente a que atinxe ás rúas Caramanchón, dos Mártires e San Xoán.

Unhas obras que interviron nestas tres áreas poñendo o foco na mellora do saneamento de augas fecais e pluviais, a iluminación, a infraestrutura eléctrica e de telecomunicacións e, por último, na pavimentación, incluíndo o formigón coloreado, como se fixo noutras rúas do Porto.

A actuación supuxo un investimento para a vila superior aos 200.000 euros, aglutinando as contribucións do Concello (90.125, 94 euros) e da Deputación da Coruña (117.666,98 euros) no marco do seu POS+2023.

Este proxecto de mellora e renovación de servizos inscríbese dentro da planificación de humanización de todo o Porto, que se dividiu en diferentes fases de execución materializadas paulatinamente ao longo dos anos. “Dentro da estratexia urbanística do Concello melloramos os servizos xerais e uniformamos as rúas desta área de enorme valor patrimonial, onde están as raíces de Ares. Intervimos anteriormente na Rúa Cisne ou na Plazuela dos Reais Alfolíes, e agora sumamos estas tres novas rúas, que se inscriben na terceira fase da nosa estratexia de humanización”, salientou Olimpia Marcos na súa visita.

A culminación desta mesma estratexia realizarase nos próximos anos, intervindo nas rúas Dolores, Consistorio e Alfolí, así como na San Andrés, completando o entramado de espazos humanizados na zona histórica do Porto aresán.

 

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,