O concello de Ares executa a actuación “INSTALACIÓN FOTOVOLTAIA NO DEPÓSITO DE OS CASTROS” financiada polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) a través do PROCEDEMENTO: Programa de incentivos 4-5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, con código IN422K.
O importe de actuación ascende a 27.448,40 € e a axuda recibida foi de 14.220,00 €, correspondéndose cun 51,80% do total do investimento executado.
O depósito de Os Castros presta servizo de abastecemento de auga ó núcleo de poboación homónimo. A potencia instalada nos equipos viña sendo de 2kW, observándose que a capacidade de bombeo era claramente insuficiente para abastecer a demanda de auga nos meses de maior poboación.
Por iso, o Concello ven de acometeu a ampliación da capacidade da instalación coa montaxe de dúas bombas de 5,5kW cada unha.
Por iso proxectouse a substitución completa dos equipos fotovoltaicos e a montaxe dunha instalación totalmente nova, que constará dos seguintes elementos:
- 40 paneis SUNPOWER MAXEON 5 modelo SPR-MAX5-450-COM, de 450W cada un
- 1 inversor FRONIUS modelo SYMO 15.0-3-M de 15kW
Deste xeito pódese cubrir unha parte do consumo da nova instalación, que se estima nun 25%.