O Concello anuncia a apertura das inscricións para a terceira ruta do SendAres 2024-2025

Comparte esta nota de prensa

O 15 de decembro, os participantes descubrirán o patrimonio natural aresán, con especial fincapé na paisaxe costeira e as súas calas. Serán 12 quilómetros baixo un prezo de 5 euros.

As persoas empadroadas en Ares poderán inscribirse a partir das 14:00 h. deste mesmo luns, 2 de decembro, na web institucional ata o día seguinte na mesma franxa horaria (14:00 h.), dando prioridade así na reserva de praza.

Posteriormente poderán facelo as non-empadroadas na localidade, ata o venres, 6 de decembro.

A Concellaría de Deportes vén de anunciar hoxe a posta en marcha do proceso administrativo da próxima ruta do SendAres, o programa de sendeirismo do Concello.

Este luns, 2 de decembro, a partir das 14:00 horas e a través da páxina web www.concellodeares.gal abrirase a inscrición telemática (https://forms.gle/3Gx6qgAa6LKFTj2bA) para o seu terceiro percorrido ás persoas empadroadas en Ares. Estará operativa ata o día seguinte, 3 de decembro, na mesma franxa horaria, momento onde se abrirá a reserva de prazas aos non-empadroados/as na localidade.

A paisaxe de Ares protagonizará este terceiro itinerario, achegándose ás rutas costeiros habilitadas polo Concello na súa rede municipal de sendeirismo. Dende a Praza da Igrexa até o Castro de Santa Mariña, espectaculares calas e miradoiros naturais abriranse aos ollos dos sendeiristas, para logo regresar polo interior á vila.

O percorrido desenvolverase ao longo da xornada do domingo, 15 de decembro, cunha distancia aproximada de 12 quilómetros e unha dificultade baixa. O prezo é de 5 euros e inclúe servizo de guía e seguros. Saírase a pé ás 9:00 horas da Praza da Igrexa e voltarase ó núcleo urbano de Ares preto das 13:00 horas.

A Concellaría de Deportes asignou 30 prazas para a actividade que se cubrirán por orde de inscrición, primeiro empadroados/as nunha marxe de 24 horas e posteriormente non-empadradoados/as, ata o 6 de decembro ás 14:00 h.  ou, de darse o caso, ata o seu esgotamento.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña