Rapaces e rapazas do CPI As Mirandas indagan na construción dunha sociedade máis igualitaria

Comparte esta nota de prensa

Ao longo deste mes de novembro, como parte das programacións polo 25N en Ares, estudantado da comunidade educativa do CPI As Mirandas recibiu uns contidos formativos básicos centrados nunha cuestión fundamental: como construír novas masculinidades e edificar coa colaboración de todos unha sociedade máis igualitaria.

Esta é a premisa dos Obradoiros Control Off, organizados polo Centro de Información á Muller (CIM) de Ares e o Gabinete de Orientación do CPI As Mirandas, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

O psicólogo graduado pola USC e Axente de Igualdade de Oportunidades para a Muller Rubén Villar Trenco conduciu as dúas sesións alternas que se produciron nas últimas semanas, afondando nos modelos positivos de convivencia e a corresponsabilidade familiar.

Estas accións desenvólvense como unha forma de dar continuidade ao proxecto de Control Off, que xa se materializou en anteriores anos, e que ten como obxectivo mellorar convivencia e promover valores baseados na igualdade de xénero en Ares.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña