A Alianza Aresana acolle esta semana a presentación de ‘Material sensible’, de Concha Tejada

Comparte esta nota de prensa

O vindeiro venres, 22 de novembro, a partir das 19:30 h., a autora debullará o contido desta obra centrada nas circunstancias das persoas altamente sensibles (PAS) e o seu papel no mundo de hoxe.

Afondará en historias de PAS que xeraron un impacto positivo no mundo, axudando a xestionar a alta sensibilidade de xeito sostible.

Como xestionar a alta sensibilidade de forma amable, creativa e sostible? Que historias poden inspirarnos doutras persoas altamente sensibles (PAS) que fixeron brillar os seus talentos e paixóns? Esas son algunhas das preguntas que responderá Concha Tejada Lacaci na presentación do seu libro ‘Material sensible: 13 historias de vida y 40 razones para abrazar tu alta sensibilidad’, en Ares.

Tejada aborda na súa obra  as circunstancias vitais das PAS, xa aproximadamente un 20 por cento da poboación mundial, achegando un conxunto de referentes, consellos e prácticas para aproveitar a alta sensibilidade de xeito creativo,  aprendendo a aceptar e apertar as súas particularidades.

Así, convídase non só ás PAS propiamente ditas, senón tamén aos familiares ou achegados que as acompañan na súa cotiandade, a sumarse a este acto literario que se celebrará ao longo do venres, 22 de novembro, entre as 19:30 e 20:30 h., no salón de actos da Alianza Aresana.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña