MARES DE ARES, o novo selo que implementará o Concello para o fomento de actividades relacionadas coa economía azul e as xentes do mar

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares recibe unha axuda por importe de 51.207,20 € correspondente ao 80 %  para a execución do proxecto MARES DE ARES que se executará nas anualidades 2024-2025, un selo no que se inscribirán múltiples accións de dinamización do eido mariñeiro, amais de actividades de formación para as xentes do mar e outras propostas de fomento da economía azul.

Finánciase ao Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e da Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2024 (código de procedemento PE155A).

Na anualidade 2024, executase o Deseño e imaxe do proxecto, que reflicte as diferentes aplicacións que se estiman necesarias para a execución das actividades do proxecto. Cóntase a partir de agora cunha representación visual moderna e dinámica, de cara a reflectir a esencia de MARES DE ARES, onde as ondas das praias da localidade e tamén da filigrana institucional do Concello cobran especial relevancia, amais das cores que sintetizan a identidade do municipio: os areais (marrón), as augas oceánicas (verde) e fluviais (azul) e o sol estival (amarelo).

Pódeche interesar