O Concello anuncia a apertura das inscricións para a segunda ruta do SendAres 2024-2025

Comparte esta nota de prensa

O itinerario de máis de 15 quilómetros promoverase o 17 de novembro na contorna da Costa Ártabra, conectando Santa Comba-Punta Frouxeira, baixo un prezo de 15 euros.

As persoas empadroadas en Ares poderán inscribirse a partir das 14:00 h. do luns, 4 de novembro, na web institucional ata o día seguinte na mesma franxa horaria (14:00 h.), dando prioridade así na reserva de praza. Posteriormente poderán facelo as non-empadroadas na localidade.

A Concellaría de Deportes vén de anunciar hoxe a posta en marcha do proceso administrativo da próxima ruta do SendAres, o programa de sendeirismo do Concello.

O luns, 4 de novembro, a partir das 14:00 horas e a través da páxina web www.concellodeares.gal abrirase a inscrición telemática para o segundo percorrido ás persoas empadroadas en Ares. Estará operativa ata o día seguinte, 5 de novembro, na mesma franxa horaria, momento onde se abrirá a reserva de prazas aos non-empadroados/as na localidade.

Este segundo roteiro percorrerá a Costa Ártabra partindo da ermida de Santa Comba ata acadar o Faro de Punta Frouxeira, un  itinerario no que a paisaxe marítima será protagonista e que, ademais, permitirá recalar no Pico Vela, cunhas espectacular vistas da zona.

Todo o itinerario desenvolverase ao longo da xornada do domingo, 17 de novembro, cunha distancia aproximada de 17 quilómetros e unha dificultade media. O prezo é de 15 euros e inclúe servizo de guía, seguros e transporte, saíndo ás 8:00 horas en autobús da Praza da Igrexa de Ares e voltando á vila preto das 14:30 horas.

A Concellaría de Deportes asignou 25 prazas para a actividade que se cubrirán por orde de inscrición, primeiro empadroados/as nunha marxe de 24 horas e posteriormente non-empadradoados/as, ata o 8 de novembro ás 23:59 horas ou, de darse o caso, ata o seu esgotamento.

Pódeche interesar