O Concello de Ares recibe unha axuda por importe de 51.207,20 € correspondente ao 80%  para a execución do proxecto MARES DE ARES que executarase  nas anualidades 2024-2025 e financiado ao  Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e da Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2024 (código de procedemento PE155A).

O noso proxecto encaixa no Programa FEMPA, na súa prioridade 3 coa identificación Obxectivo específico: Permitir unha economía azul sostible nas zonas costeiras, insulares e interiores, e fomentar o desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acuícolas».

Trátase dun proxecto de turismo mariñeiro que engloba o seguinte contido:

  1. -Accións de dinamización por mar e terra.
  2.  – Actividades de formación para as xentes do mar e as súas familias.
  3. – Espazo interpretativo. Obxectivo 2 EDLP (Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas).