O voluntariado da Agrupación Instrutiva de Caamouco retira 100 quilos de lixo da praia do Raso

Comparte esta nota de prensa

Os preto de vinte voluntarios e voluntarias que se sumaron á limpeza do areal do Raso impulsada pola Agrupación, en colaboración co Concello na retirada e xestión dos refugallos, extraeron uns 100 quilos de lixo, entre eles bastóns para os oídos, cabichas, tapóns de botellas, restos de batea, anacos de cordas e tampóns.

Dende a Agrupación destacan tamén a presenza de numerosos microplásticos e pellets, amais doutros elementos curiosos, dende o abrigo dunha mascota a calzado, xoguetes ou a tapa dun colector do lixo.

A acción medioambiental realizouse durante a mañá do sábado, 26 de outubro, formando parte da iniciativa de limpeza simultánea de praias que  organizou a Asociación Ecoloxista ADEGA en toda Galicia nesa xornada.

 

Pódeche interesar