Ruta do SendAres: Cantís de Loiba
- Hora de saída en autobús: 08:15 horas do 27 de abril.
- Hora de chegada: 15:00 horas.
- Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
- Información técnica: Ruta de 12 km // Desnivel +280 m // Desnivel -260 m. Dificultade MEDIA.
- Inscricións: ata as 23:59 horas do 14 de abril na web municipal.
- Límite de 25 prazas por orde de inscrición.
Dende a praia de Esteiro, preto da vila mariñeira do Barqueiro, transitarase por unha das costas máis fermosas e virxes do norte: pedras afuradas polo vento e o mar, praias salvaxes, furnas de enorme beleza… unha paisaxe para non esquecer en moito tempo.