Ruta do SendAres: Ares, os camiños de Cervás
- Hora de saída a pé: 09:00 horas do 19 de xaneiro.
- Hora de chegada: 13:00 horas.
- Punto de encontro: Aparcadoiro do cemiterio de Cervás.
- Información técnica: Ruta de 10 km // Desnivel +320 m // Desnivel -320 m. Dificultade MEDIA.
- Inscricións: ata as 23:59 horas do 11 de xaneiro na web municipal.
- Límite de 35 prazas por orde de inscrición.
Dende o aparcadoiro ao carón do Cemiterio de Cervás discurrirase polos sendeiros de costa, co foco en explorar os lugares da parroquia aresá e rematar nas inmediacións do CIRS de Cervás preto do mediodía. Un itinerario para ollar dun xeito distinto a paisaxe do municipio.