A Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa colaboración do Concello na xestión dos residuos, participará por quinto ano na limpeza de praias que promove ADEGA de xeito simultáneo en toda Galicia durante a xornada do sábado, 26 de outubro.
Nese día, ás 11:00 horas, os voluntarios e voluntarias ambientais que se animen a participar realizarán unha acción de limpeza no areal do Raso. A actividade está aberta a todos os públicos, aínda que a Agrupación fai un chamamento especial á involución da rapazada.
Para sumarse é preciso inscribirse no 680 161 929, por chamada telefónica ou WhatsApp.
Máis información: www.adega.gal