A biblioteca municipal de Ares celebra o Día das Escritoras cunha escolma de grandes obras escritas por mulleres

Comparte esta nota de prensa

Dende onte, luns 14 de outubro, e durante toda esta semana, nas instalacións da Alianza Aresana onde radica a biblioteca municipal é posible atopar unha boa selección de obras de escritoras referentes nos diferentes ecosistemas literarios tanto galego como español.

Nomes como Dolores Redondo, Arantza Portabales, Julia Navarro, Josefina Aldecoa, Luz Gabás… plumas de calidade e para diferentes tipos de lectores que se poden ollar con calma e, no caso de dubidar, mesmo consultar co equipo técnico da biblioteca e pedir unha recomendación sobre elas antes de levalas a casa.

Así, visibilizando a súa producción literaria e poñendo en valor ás figuras femininas dentro do mundo da creación cultural é como celebra Ares o Día das Escritoras 2024, unha efeméride que, dende o 2016, reivindica a labor e legado de diferentes autoras, sempre poñendo a data no luns máis próximo ao 15 de outubro, aniversario do falecemento de Teresa de Xesús.

Nesta IX edición, o foco sitúase naquelas mulleres escritoras que narraron e mantiveron vivo o mundo rural e a súa cultura: a periferia, o campo, un mundo que vai máis aló do urbano e dende onde tamén se escribía, se creaba. Mulleres que loitaron a partes iguais co papel en branco e coa procura de tempo e espazo para poder escribir ou publicar, é dicir, construírse un oco no universo literario co que soñaban.

Podes consultar máis información sobre este día na seguinte ligazón: https://diadelasescritoras.bne.es/edicion-2024/

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña