Con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama deste 2024, Ares sumarase á conmemoración desta efeméride cunha cadea humana para expresar o seu apoio ás persoas afectadas por esta enfermidade oncolóxica, reivindicando unha maior investigación, prevención e diagnósticos iniciais na loita contra ela.
A Xunta local de Ares da Asociación Española contra el Cáncer (AECC) organizará o acto este domingo, 20 de outubro, a partir das 13:00 horas ao longo do paseo marítimo da localidade.
Baixo o lema ‘O rosa é máis que unha cor’, tamén se convida ós e ás participantes a vestirse e acudir con prendas desta tonalidade.