O Concello de Ares recibe unha axuda da Excma. Deputación Provincial da Coruña correspondente ao programa MA100: Subvencións a concellos para limpeza de praias marítimas para o ano 2024, por un importe de 24.957,83€.

O obxecto deste programa é apoiar aos concellos da provincia da Coruña no sostemento dos gastos de contratación dirixidos á limpeza de súas praias marítimas durante a tempada de verán.

O noso concello conta con numerosas praias que están preservadas dos ventos e da forza do mar o que fai que sexa un reclamo turístico de gran importancia nos meses de verán, e por iso que contan cunha elevada cantidade de personas dos concellos limítrofes.

Se ao xa exposto lle sumamos a acción natural da correntes mariñas que transportan residuos,o volume de suciedade nas praias do concello fan necesaria unha limpeza periódica das mesmas, polo que a financiación recibida por este programa é moi necesaria para a nosa entidade.

 

Ares a, 30 de maio de 2024.