O Concello desexa transmitir o máis sentido pésame á familia de Lucas Seijo polo seu pasamento tras o tráxico accidente que sufriu. Non é posible explicar a conmoción e a dor que deixa este feito nunha semana tan difícil para a nosa localidade.
Enviamos toda a forza posible aos seus pais e o apoio absoluto desta institución despois da perda.
Así mesmo, por resolución da alcaldía, decrétanse 3 días de loito oficial na vila.