Se aínda non atopaches algunha actividade cultural ou deportiva que te motive, bota unha ollada á seguinte información! En Ares aínda podes sumarte a varios grupos que se están configurando no marco da oferta municipal para o curso 2024-2025:

 

XADREZ (+ 6 ANOS), un deporte para mellorar as habilidades mentais á hora de resolver problemas, tomar decisións, concentrarse e procurar a creatividade na formulación das xogadas.

  • ONDE: Na Alianza Aresana (Grupo 1) e na Agrupación Instrutiva de Caamouco (Grupo 2).
  • CANDO: Grupo 1 (Ares): Martes de 16:00 a 17:00 h.

Grupo 2 (Caamouco): Martes de 17:30 a 18:30 h.

  • PREZO: 9,40 € (menores) / 14,40 € (adultos).

 

TENIS (+ 6 ANOS)*, para traballar a coordinación, a mellora da forma física, o equilibrio, a forza… nunha destreza deportiva moi completa.

  • ONDE: No pavillón polideportivo municipal.
  • CANDO: Martes de 18:30 a 20:30 horas.
  • PREZO: 12,55 €.

*Escola que dará inicio cando finalicen as obras do pavillón deportivo de Ares.

 

VOLEIBALL (+ 9 ANOS)*, en colaboración co Club de Voleibol CV Narón Volea, mellorando a técnica, pero tamén a resistencia cardiovascular, os reflexos ou a forza en todo o corpo, dende pernas a brazos e tronco.

  • ONDE: No pavillón polideportivo municipal.
  • CANDO: Sábados de 11:00 a 13:00 horas.
  • PREZO: 12,55 €.

*Escola que dará inicio cando finalicen as obras do pavillón deportivo de Ares.

 

TONIFICACIÓN (+ 14 ANOS)*, realizando sesión de musculación cardiofitness, amais de series de crossfit.

  • ONDE: No pavillón polideportivo municipal – Sala de Usos Múltiples.
  • CANDO: Luns e mércores de 9:30 a 10:30 horas.
  • PREZO: 20,67 €

 *Reubicado no edificio sociocomunitario de Seselle até o remate das obras do pavillón deportivo de Ares.

 

BAILE LATINO (+ 16 ANOS)*, aprendendo a moverse cos ritmos alén do mar coa gran cantidade de estilos vinculados ás melodías da música latina, dende a salsa, bachata, merengue…

  • ONDE: No pavillón polideportivo municipal.
  • CANDO: Todos os xoves de 20:30 a 22:00 horas
  • PREZO:  14,14 €

 *Reubicado no edificio sociocomunitario de Seselle até o remate das obras do pavillón deportivo de Ares.

 

XIMNASIA (+ 16 anos), nas contornas de Caamouco e Cervás, orientado ao mantemento físico, exercicios de mobilidade articular, estiramentos e sesións de nivel moderado para combater o sedentarismo.

XIMNASIA CERVÁS

  • ONDE: Nas instalacións da Gandeira  de Cervás.
  • CANDO: Martes e xoves de 18:00 a 19:00 horas.
  • PREZO:18,83 €

XIMNASIA CAAMOUCO

  • ONDE: Na  Agrupación  Instrutiva  de Caamouco.
  • CANDO: Martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas.
  • PREZO:18,83 €

 

Oferta completa de escolas municipais: https://concellodeares.com/escolas-deportivas-e-culturais-municipais-2024-2025/

Oferta completa de actividades municipais: https://concellodeares.com/actividades-deportivas-municipais-2024-2025/