Entre as principais novidades do VII Ares Indiano, teremos dous momentos verdadeiramente especiais no stand municipal da Avda. Saavedra Meneses (núm. 16):
O sábado, 17, contaremos con Ginés Bravo, torcedor de puros profesional, ensinándonos o que lle transmitiu o seu avó cubano: o arte de prensar os habanos manualmente, a cabalo entre a tradición e a artesanía. O puro, para Ginés Bravo, é un dos símbolos de celebración e bos momentos por antonomasia, así que se tés curiosidade polo que fai, xa sabes: pasáte polo stand municipal que estará no paseo marítimo.
Tamén alí estará, ao día seguinte, a ilustradora Blanca Escrigas cun bo surtido de acuarelas, material que caracteriza o seu estilo artístico. Escribas achegará unha paleta cromática chea de vida e reproducirá en directo escenas do evento indiano, facéndonos partícipes do seu proceso creativo: como xoga coas cores, como dota de maior beleza á realidade a través da ilustración.
Dúas propostas para un evento que non se esquece da artesanía nin do arte máis singulares!